O mar

O alumnado de 1º e 3º ESO  asistiu á charla que a investigadora María Blanco, do Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (CSIC), deu no colexio sobre os produtos e subprodutos que obtemos do mar, non só como alimentos senón para todo tipo de usos, desde medicamentos ata abonos.  Que preto o temos e que pouco sabemos de todo o que nos proporciona o océano. Coidádeo, rapaces/as, que non hai planeta B. Grazas a Mª Blanco polo seu labor e—

Ler máis

Celebración do Entroido

O pasado venres celebramos o Entroido no colexio. Para o alumnado de secundaria, o tema proposto foi vir vestidos da época que máis lles gustase. Moitos seguiron a indicación e outros tamén se animaron a vir disfrazados aínda que doutras temáticas. Tamén participaron no concurso de disfraces: Pasamos unha xornada marabillosa toda a comunidade escolar xunta.

Paz 2023 (Ed. Primaria)

O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar de Paz. Este ano, decidimos facer algo diferente. Centrámonos en traballar naquelas habilidades e actitudes que son útiles no día a día do noso alumnado para que non vexa a Paz só como un ideal moi afastado a conseguir senón como unha estado de boa relación e estado de ánimo no seu día a día. En definitiva, centrámonos en traballar na aula un concepto de paz máis relacionado ao de compañeirismo,—

Ler máis

2º e 4º ESO visitan a Escola de Minas e Enerxía

O alumnado de 2º e 4º ESO visitou a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME) da UVigo, como actividade do programa Tecnópole, que permite aos rapaces coñecer o que se estuda nesta Escola e participar en obradoiros específicos: os de 2º ESO no de Materiais e os de 4º no de Combustión. Aprenderon, participaron, concursaron e ata levaron premio. Igual dentro dun anos se animan e estudan aí. Quen sabe. Grazas a todos os monitores/as da Escola pola—

Ler máis