Erros na listaxe de libros de texto

Informámoslles de que había un erro nos códigos ISBN dos libros de texto de 4º EP e 3º ESO que xa está arranxado. Así mesmo, na listaxe de 3º ESO aparece a materia Tecnoloxía,  que coa nova lei non se imparte. (Non deben mercar, polo tanto, o libro.)Desculpen as molestias.

Graduación de Primaria 2022

Un ano máis, a mediados de xuño, despedimos a unha nova promoción de Primaria. Ao terminar esta etapa, os alumnos e alumnas de 6º desta etapa celebran en compañía das súas familias e profesorado o seu tan esperada graduación. Sempre é unha tarde moi especial para todos, chea de recordos e emocións. E este ano sorprendéronnos eles a nós con algún que outro secretito que se trouxeron entre mans. O máis importante, celebrar os anos vivídos xuntos e afrontar unha—

Ler máis

Excursión Fin de Curso Primaria 2022

Xa era hora. Xa era hora de que o noso alumnado puidese gozar unha das súas excursións preferidas. Xa era hora de visitar de novo o Lago Castiñeiras que nos estaba esperando desde tempos pre-pandemia. E o mellor é que o atoparon renovado cun parque estupendo con tiroliña e outros elementos. Nin que dicir ten, que o pasaron en grande e que a tiroliña, ao marchar, quedaba ben probada. Xogos tradicionais, xeados, camiñatas, patos… e sobre todo amigos e amigas—

Ler máis