A árbore de Nadal dos nosos maiores

A propósito da chegada do Nadal, desde as materias de plástica e de valores éticos, o noso alumnado da ESO decidiu traballar o tema da reciclaxe, co que están moi concienciados, e crear así unha grande árbore de Nadal. Todo o centro educativo colaborou reciclando botellas, briks, tapóns, etcétera, e ademais destes materiais de refugallo tamén trouxemos das nosas casas CD inservibles, entre outros materiais. Ademais de participar na actividade reciclando, os máis pequenos tamén participaron ensartando la de cores—

Ler máis

Festival de Nadal de infantil

O día 20 de decembro, os máis pequenos, os nosos leonciños, celebraron o Festival de Nadal. Tivemos a sorte de ver os bonecos de neve, renos e elfos máis bailaríns destas festas. Cantaron todos xuntos unha panxoliña en inglés e despois cada grupo cantou unha canción de temática relacionada coa súa vestimenta. A continuación, Papá Noel lembrouse do Quiñones de León e apareceu para darnos a todos unha grata sorpresa. Repartiu entre os máis pequenos un chisco de felicidade e el—

Ler máis

Contacontos en educación infantil

O equipo de docentes de educación infantil invitou as familias a visitar o colexio e contarlles un conto aos nenos e ás nenas. Hoxe, xoves, tivemos a primeira visita, a nai dunha das nosas alumnas de catro anos. Escolleu o libro Superhéroes, que lles encantou a todos. Estamos desexando que haxa máis familiares que se animen e veñan a compartir un pouco de tempo cos leonciños do Quiñones de León.

Obradoiro de regueifas no Quiñones de León

Esta semana, o grupo de 6.º de primaria participou no obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Tivemos a sorte de contar cos regueifeiros Pinto de Herbón e Luis O Caruncho. O obradoiro comezou cunha explicación da orixe do termo «regueifa», que era un bolo de pan que se comía nos casamentos. Estes regueifeiros, que practicaban a improvisación oral en verso, compuñan coplas de catro versos octosílabos, o que xera un ritmo moi particular.—

Ler máis

Visita á ETAP de Aqualia

O grupo de 1.º da ESO tivo a ocasión de visitar a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Aqualia, o Servizo Municipal de Augas de Vigo. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o ciclo integral da auga e poñer en valor a importancia deste recurso natural. Esta visita está enmarcada dentro da materia de Bioloxía; e, grazas a ela, o alumnado puido completar os coñecementos adquiridos na aula. Os alumnos e as alumnas puideron participar nunha—

Ler máis