Entroido na ESO

Este Entroido os nosos maiores tiveron como temática os deportes. Houbo animadores e animadoras, xogadoras de fútbol americano, de petanca, de baloncesto… e tamén adestradores e mascotas dos equipos. Tiveron unha xornada un pouco diferente neste curso, máis animada, acompañada de orellas e tamén de filloas. Gústanos ver como manteñen a tradición desta festa tan nosa!

A muller na ciencia (5º e 6º de Ed.Primaria)

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria tiveron unha saída marabillosa cultural o pasado 14 de febreiro ás instalacións do museo Verbum co motivo do Día Internacional dá Muller e Meniña na ciencia. Aprenderon datos curiosos valorando o galego como lingua científica. Comezaron xogando por equipos ao xogo do ” kahoot” en tablets e continuaron facendo catro obradoiros distintos nos que descubriron o mundo dende unha perspertiva distinta. Moldearon plástico ata facer chaveiros e colgantes, investigaron—

Ler máis

Día de Rosalía de Castro

O día 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Desde o colexio tamén nos sumamos a esta celebración, a do aniversario desta autora que homenaxeamos. Traballamos na clase a súa figura, lemos os seus poemas e tamén os imitamos. O alumnado fixo flores nas que escribiu as súas propias composicións, formaron a súa imaxe e déronlle cor, escribiron con lettering frases dos seus textos e do manifesto que se escribiu para esta data… E despois compartimos unhas—

Ler máis

Derradeira orde do Meco 2022

Xa está! Misterio resolto! O deporte do noso Meco é a patinaxe en liña! E o teu? Cal é o teu deporte? Mañá descubrirémolo, podes traer un complemento deportivo. Iso si, os patíns… ao ombreiro! E nada de obxectos perigosos. Vémonos mañá ases do deporte!

XII Certame escolar de regueifas

Tras dous obradoiros, catorce dos nosos alumnos tiveron a oportunidade de participar no XII Certame escolar de regueifas. Este certame contou con dous presentadores magníficos: Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que dinamizaron esta xornada, chea de emocións e de nervios. Os nosos e as nosas representantes foron collendo o micrófono e improvisando coplas, coma eles só saben facer. E os demais compañeiros animaron e aplaudiron durante toda a xornada. Finalmente, chegamos á semifinal e tamén á final. E trouxemos—

Ler máis

3ª orde do Meco 2022

Novo día, nova orde. “O mércores, pulseiras deportivas levarás e deportista profesional parecerás” Así que xa sabedes, haberá que manter o misterio ata o final para saber que deporte representa cada un de nós. Que ganas de velo! Aquí tedes o noso Meco, todo fachendoso, ca súa cinta e as súas pulseiras deportivas a xogo. Será o taekwondo o seu deporte?