Día da Paz na ESO

O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz (Journée scolaire de la Non-Violance et de la Paix). Traballamos na clase de francés coa canción On ira, de Zaz, para reafirmar que a nosa felicidade existe grazas á diversidade e ás nosas diferenzas, esa é a nosa sorte! E aquí vos deixamos un vídeo no que o alumnado imitou o vídeo desta cantante decorando as fiestras:

Nadal 2021

Antes de nada, agardamos que pasásedes unhas festas agradables en compañía dos vosos seres queridos e acordándovos con agarimo dos que xa non puideron estar convosco. Un ano máis chegou o Nadal ao cole e, como é habitual, as actividades e a dinámica das clases cambiaron. Presentámosvos aquí o máis destacado, ocorrido o último día da clase antes das vacacións, pero non pensedes que é o único que fixemos para celebrar estas festas. Nos blogues de cada etapa atoparedes, en—

Ler máis

Concurso Cíes, o paraíso de todos

Hoxe vimos cunha nova moi leda, o grupo de 2.º ESO B gañou na categoría de vídeo grupal de 1.º e 2.º da ESO o premio da VII edición do concurso Cíes, o paraíso de todos. Deixámosvos o vídeo a continuación, para que poidades velo: Só puido acudir un pequeno grupo para recoller o premio, a causa das medidas derivadas da situación sanitaria actual, pero deixámosvos algunha imaxe do acto. E agora só nos queda pensar na data para gozar—

Ler máis

Mulleres que inspiran

O grupo de 6.º de primaria embarcouse nun proxecto que durará todo o curso e que ten o seu foco de atención naquelas mulleres galegas que cambiaron a maneira de ver a historia. Verdadeiras protagonistas que marcaron un antes e un despois. Mulleres inspiradoras, que loitaron polos dereitos, que creron en si mesmas e das que aprendemos cada día valores como a superación persoal, disciplina, paciencia e traballo. Quedan moitas mulleres por coñecer e moitas ganas de ensinarvos como o—

Ler máis

Nadal e cualificacións

Informámoslles de que as vacacións de Nadal comezarán o día 21 de decembro (último día de clase) e as cualificacións da 1ª avaliación publicaranse ese día ás 16:00 h en Abalar. As clases reanudaranse  o 10 de xaneiro.

Bo Nadal!