Concurso Verdecora

Este ano participamos no concurso que nos ofreceu a tenda Verdecora de animais, plantas e decoración situada no novo Centro Comercial Vialia. Entregáronnos un sobre para cada un onde había: unha cartolina para debuxar, un paquete de pinturas e un lapis con sementes incluidas! que cando rematas de usar podes plantar e agroma albahaca! O tema do concurso era “Imaxina a túa cidade en outono”. Neste caso, o primeiro que fixemos foi unha choiva de ideas para ver que elementos—

Ler máis

Obradoiro de regueifas

Un curso máis, tivemos o pracer de participar no Obradoiro de regueifas que organiza a Deputación de Pontevedra. Desta volta, estivo no Quiñones de León o regueifeiro Bieito Lobariñas. Nesta primeira sesión, o alumnado puido repasar, da man de Lobariñas, a orixe das regueifas, a presenza da improvisación oral en verso nos diferentes pobos, as características destas composicións… Animados pola zanfona do regueifeiro, cantaron as súas propias coplas. Agora xa están agardando pola segunda sesión deste obradoiro!    

Benvidos a un novo curso

Recibiamos ao noso alumnado esta mañá cos brazos abertos e desexando que trouxesen as súas mochilas cargadas de boas noticias, recordos de verán e moita ilusión para afrontar o seu próximo gran curso. Lamentablemente aínda non podemos gozar dos seus sorrisos, pero conformámonos con ver a alegría da volta ao cole reflectida nos seus ollos. Por diante espérannos 10 meses cargados de emocións e sospresas. Benvidos a todos, alumnado e familias, a un novo curso non noso centro.

Despedida do curso 2020-21

 

Cando xa quedan poucos días para vernos de novo, queremos compartir convosco un vídeo de como despediron o curso os nosos alumnos e alumnas de primaria o pasado xuño. Aproveitamos esta oportunidade para saudarvos de novo e agradecervos novamente a vosa colaboración; e desexamos que, no curso que empezamos en breve, podamos volver ver de novo esas cariñas que nos dan tantas alegrías.