Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!

Ordes do Meco 2024

Compartimos convosco as ordes do Meco deste ano. Xa que o lema do entroido será “Un entroido de cine”, converterémonos en superheroes ao terminar. Sorprendédenos coa vosa creatividade!

Obradoiros de igualdade de xénero

Onte, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, 2º, 4º e 6º de primaria asistiron a uns obradoiros do Concello nos que aprenderon sobre a importancia da igualdade de xénero. Desde que non hai diferezas entre xoguetes de nenos e xoguetes de nenas, pasando por grandes deportistas femininas, ata a análise de distintas profesións asociadas a un xénero ou a outro. Que importante é este tipo de formación nos nosos pequenos/as!