Semana da prensa

Hai uns días traballouse dende o cole a semana da prensa. Os rapaces e as rapazas estiveron analizando este medio de comunicación. Pensamos que é moi importante facer referencia ás novas que ocorren no noso día a día, e introducir no alumnado este medio e as súas posibilidades. Durante varios días cambiaron os libros polos xornais. Dende os máis pequenos ata os maiores fixeron actividades de todo tipo: indagaron nas noticias máis importantes, buscaron as diferentes seccións, analizaron as portadas,—

Ler máis

Rosalía de Castro cos nenos de cinco

Como todos os anos, o 24 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa poetisa máis ilustre: Rosalía de Castro. Puxémonos mans á obra e recollemos información axeitada para contarlles aos nosos maiores de infantil. Coñeceron a súa vida e a súa obra, as súas viaxes e algúns dos seus poemas. Preguntaron se aínda seguía viva e algún contounos que coñecía unha rúa e un colexio que se chamaban coma ela… vaia casualidade. Traballaron un dos seus poemas máis coñecidos: “Adiós—

Ler máis

OBRADOIRO CO GRUPO VEGALSA

O pasado 6 de marzo os nenos de 4.°de primaria fixeron unha actividade na que traballaron hábitos saudables de alimentación. Visitounos unha colaboradora de Vegalsa, que lles amosou como elaborar receitas con diferentes froitas. Vegalsa-Eroski é unha empresa galega que se dedica á comercialización de produtos alimentarios. Ensinoulles como facer palmeiras de area con froitas. Para iso, proporcionoulles un gorro e un mandil de cor vermella a cada un dos nosos alumnos. Estaban requeteguapos!! Os ingredientes foron as froitas: kiwi,—

Ler máis

SAÍDA AO MERCADO DO CALVARIO

O pasado xoves, día 1 de marzo, os nosos alumnos de 4.°de primaria tiveron a oportunidade de visitar o mercado do Calvario. Aproveitando que está moi preto do noso colexio, foron camiñando. Foi unha mañá chuviosa e tanto á ida como á volta compartiron os paraugas. O mercado do Calvario está nunha zona de carácter obreiro na parroquia de Lavadores que comezou a converterse na arteria singular que hoxe é. Situado en plena rúa peonil, nunha das zonas de compras—

Ler máis

Tarefa 4 do proxecto “Nós tamén creamos”

Sabemos que estades moi pendentes dos nosos avances. Esta cuarta tarefa consistiu en crear, por fin, os personaxes. O noso alumnado volcouse completamente nesta actividade, xa que son moi creativos e teñen grandes ideas. Podedes velos mans á obra preparando as cabezas, os diferentes ollos dos personaxes ou outros complementos: Todos quedamos namorados do resultado final, que, por suposto, vos imos amosar agora mesmo: Tamén queremos compartir con todos vós un pequeno vídeo que realizamos deste proceso de creación. Para—

Ler máis