Participación no programa educativo: Planeta Cíes

O noso grupo de 3.º da ESO está participando no programa educativo: Planeta Cíes. Este proxecto ten como obxectivo potenciar a sensibilización pola conservación e preservación dos valores naturais das illas Cíes.

A través dunhas unidades didácticas, o alumnado traballou diferentes aspectos relacionados coas nosas illas, polos que deben ser consideradas Patrimonio da Humanidade.

Houbo un traballo interdisciplinar, xa que estiveron implicados os departamentos de ciencias, de xeografía e historia e de linguas. Así mesmo, estivo desde un comezo presente o uso das tecnoloxías, xa que os alumnos e alumnas tiveron que completar algunha información botando man de Internet.

E chegou o día do concurso, no que ían demostrar todo o que aprenderan ao longo dos últimos meses.

Nótase como cando os rapaces preparan eles unha materia, asentan mellor os coñecementos. Todos contestaban e todos razoaban as respostas. Tíñano clarísimo! E tan claro o tiveron que non fallaron ningunha.

O mellor premio foron os coñecementos adquiridos sobre unha realidade ben próxima a nós.

Agora toca coller folgos para a seguinte parte deste proxecto. Ánimo!

Comments are closed