O noso colexio non quixo deixar pasar a oportunidade de participar no programa organizado polo concello «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero».
A propósito da celebración o día 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 3.º da ESO, apoiado polo departamento de Plástica, deseñou un mural para tomar conciencia e concienciar os demais sobre este problema.
Os murais estiveron expostos na rúa do Príncipe. Podedes ver os murais dos outros centros educativos na páxina web de Enlaza Vigo.