Participación no Spelling Bee

Un ano máis, tres alumnos do noso centro participaron na XIII Edición do concurso de deletreo interescolar de Vigo. Tivo lugar no Cine-Teatro Salesianos.

Ás  16:30, convocáronnos aos participantes e mestres. Unha vez coñecidas as normas, entraron os espectadores e deu comezo o concurso. Entre nervios e emoción, transcorreu o deletreo. Os alumnos do Quiñones non chegaron ás roldas finais, pero temos que dicir que estamos moi orgullosos deles, e da súa valentía ao querer participar no concurso e facelo, ademais, diante do público.

Parabéns, Pilar Lorenzo Vázquez, Raúl Vázquez Rivela e Carla Capeáns Fonte. Sodes uns campións!

Comments are closed