Participamos no Programa CINENSINO

Hoxe tivemos a segunda sesión de cine dentro do programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores a través dos medios audiovisuais.

A película que vimos foi Aurora (Jamais contente), cunha protagonista adolescente, en constante enfrontamento cos pais e profesores, que atopará na música un medio de evasión.

Despois de gozar da sesión de cine, agora nos toca analizar o filme: os personaxes, a temática, etcétera, para reforzar a aprendizaxe.

Comments are closed