Pequenos e grandes científicos: tutoriais de ciencia.

A última semana que tivemos a oportunidade de estar xuntos no cole, estabamos a desenvolver a Semana da Ciencia, unha iniciativa orientada a promover o coñecemento e o gusto pola ciencia en todas as etapas educativas. E a acollida foi estupenda entre alumnado, porque entre eles hai un gusto especial pola investigación e os experimentos científicos, xa desde Educación Infantil.

E agora, nesta etapa de formación a distancia, onde incrementamos o uso dos medios tecnolóxicos, varios dos nosos alumnos os combinaron coa súa afición pola ciencia, convertíndose en auténticos “youtubers científicos”.

Se estades a buscar tutoriais de ciencia, aquí tedes unha mostra dos elaborados polo alumnado do centro.

Entre os nosos pequenos grandes científicos temos a Noa, de primeiro de Educación Primaria, que dende casa e coa inestimable colaboración da súa familia, explícanos con gran desenvoltura cómo facer dous experimentos fantásticos. Tédelos que probar! Nos seguintes enlaces podedes acceder aos seus vídeos que quixo compartir con todos. Grazas Noa! Están xenial e son estupendos para facer con materiais caseiros!

Experimento: “Un agujero en la mano”

Experimento: “Pasta de dientes de elefante”

E entre os nosos grandes científicos temos a Raúl, de sexto de Educación Primaria, que nos remitiu varios enlaces para que nos animemos a practicar como el a ciencia na casa, con materiais que temos a man. Os titoriais deste científico mozo, que responde ao alias “Raúltrón“, non teñen desperdicio, xa que se atreve con calquera tipo de experimento. Aquí o tedes, facendo das súas. Bravo Raúl!

Experimento 1: “Leite e colorante”

Experimento 2: “Efecto óptico”

Experimento 3: “Auga escapista”

Experimento 4: “O vaso que bebe”

Experimento 5: “Agua anti-gravidade e estrela en expansión”

Experimento 6: “A boliña que non se molla”

Xa vedes que calquera momento e lugar é axeitado para deixarnos levar polo gusto da experimentación científica, coa que ademáis de pasar un bo rato, desenvolvemos a nosa aprendizaxe, e as competencias neste eido.

Parabéns aos nosos pequenos grandes científicos! E grazas por compartir os vosos titoriais con todos nós! Seguide así!

Comments are closed