Personaxes históricos

Cando estabamos a achegarnos xa aos temas de historia da materia de Ciencias Sociais, os rapaces de 4.º levaron a cabo as seguintes actividades sobre tres personaxes históricos importantes: Miguel de Cervantes, Vincent Van Gogh e Leonardo da Vinci. Nos tres proxectos, non soamente se falou sobre a súa vida ou viron algúns vídeos, senón que fixeron outras actividades, diferentes e divertidas.

No caso do traballo de Cervantes, escribiron unhas oracións con diferente vocabulario da obra El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, un cómic con algúns personaxes da obra onde podían inventar a súa propia…

Sobre Van Gogh, ao igual que con Cervantes e Da Vinci, viron e leron un pouco da súa vida, e traballaron aspectos doutras materias: buscar adxectivos, substantivos, artigos… Ademais, tiveron que buscar a biografía doutro personaxe histórico e redactar brevemente os aspectos que lles pareceron importantes.

La noche estrellada.

Por último, traballaron sobre a figura de Leonardo da Vinci e, ao igual que facía el, escribiron un código ao revés; a continuación, descubriron nun espello o que cada un puxera na súa mensaxe. Tamén tiveron que investigar sobre os seus inventos e falar sobre a importancia destes.

 

Os rapaces quedaron satisfeitos co traballo realizado e ademais descubriron aspectos moi interesantes destes xenios!

Comments are closed