PLÁSTICOS, O NOVO INIMIGO

Dende Naturnova, ofrecéronnos a oportunidade de realizar unha visita as súas instalacións, para coñecer o impacto do plástico nas nosas vidas e como podemos contribuir para paliar os seus efectos.

Fomos os grupos de quinto e sexto da primaria a recoñecer primeiro onde podemos atopar plásticos, e as cantidades inxentes que se peoducen deste material no planeta. De seguido, aprendimos a tres regras básicas en todo este proceso: reciclar, reducir e reutilizar,sendo a mais importante a de reducir.

Aproveitamos a estancia e visitamos outras salas, como a dos sistema solar e os planetas, o submarino con visión 3D e a sala de flora e fauna do planeta Terra.

Loitemos contra este novo inimigo con toda a nosa forza!

 

Comments are closed