Preparación do Día das Letras Galegas 2019

Este ano o homenaxeado polo Día das Letras Galegas foi Antonio Fraguas Fraguas.

Todas as etapas educativas do noso colexio procuraron coñecer un pouco máis sobre a vida e a traxectoria profesional deste home, gran defensor da nosa cultura e da nosa historia.

Traballamos tanto na clase como na aula de informática, fixemos buscas de información, participamos en xogos en liña, aprendemos sobre o noso traxe tradicional, costumes, festividades e toponimia.

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou un concurso de redaccións e poesía e de murais para todo o alumnado. As redaccións e poemas fómolos facendo nas clases ou na casa durante estas últimas semanas. E esta semana preparamos os murais que decorarán a entrada do centro escolar estes días.

Gústannos moito estas actividades creativas, xa que podemos reflectir todo o aprendido durante as sesións de busca de información, ademais de gozar cun bo traballo en equipo. Así mesmo, os pequenos de primaria tiveron unha axuda inestimable dalgúns compañeiros de cursos superiores.

Agora só queda esperar para que poidades compartir a alegría dos premiados.

Comments are closed