Programa CINENSINO

Este curso 2018-2019, 1.º e 2.º da ESO participa no programa CINENSINO. Trátase dun programa de educación en valores para a prevención do consumo do alcohol e outros trastornos adictivos e de comportamento no ámbito escolar, a través dos medios audiovisuais e as TIC.

O día 31 de outubro tivemos a primeira cita; a proxección do filme: La profesora.

O alumnado xa ía preparado no autobús para dirixirse á sala de cine.

Despois, coma sempre que temos unha saída, os alumnos e as alumnas están ansiosos polo que van ver e aprender.

E xa finalmente, na sala, todos tranquilos esperando o comezo da película.

Agora é o noso momento, toca traballar na aula distintos aspectos vistos no filme e analizalos con axuda dun docente.

 

Comments are closed