Programa Xogade

Os mozos e mozas de 5.° de primaria, acompañados dos seus mestres, desprazáronse ata as instalacións do CUVI para practicar un pouco de atletismo.

Participaron no programa Xogade da Xunta, onde se combina o ámbito deportivo e competitivo, co ámbito lúdico e participativo dos centros escolares.

A sesión consistía en 6 probas:

  • 60 m lisos
  • 500 m lisos
  • salto de lonxitude
  • lanzamento de vórtex
  • lanzamento de peso
  • carreira de relevos 4×60 m

A pesar do frío, a intermitente choiva e os nervios, pasárono moi ben. Sen dúbida, o importante é participar, pero a nosa participación foi destacada. Pasaremos á seguinte fase?

Comments are closed