Proxecto “Nós tamén creamos!”: A pota que trota

Como todos sabedes, este curso participamos no Proxecto “Nós tamén creamos!” co grupo de 2.º de educación primaria.

A finalidade deste proxecto era que o noso alumnado adquirise competencia oral en lingua galega e un mellor manexo das novas tecnoloxías. E abofé que o conseguiron.

No seguinte vídeo podedes ver como traballou este grupo de rapazas e rapaces, e como nos ensinaron ás profesoras que compartimos con eles este ilusionante proxecto.

Como se fixo a curtametraxe A pota que trota.

E agora chegou o momento de compartirmos con vós o resultado duns longos meses de traballo, de cooperación, de aprendizaxe, de divertimento, de respecto das opinións alleas… Só tendes que premer no seguinte enunciado para gozar desta curta feita con todo o noso corazón:

Curtametraxe elaborada coa técnica stop motion A pota que trota.

Esta curtametraxe de animación en galego foi elaborada ao abeiro do programa de dinamización lingüística “Nós tamén creamos” con fins educativos.

 

Comments are closed