Proxecto “Planeta Cíes”

O grupo de 3.º da ESO vai participar no proxecto “Planeta Cíes”. Este proxecto consiste en dar a coñecer o porqué da candidatura das illas Cíes a Patrimonio Mundial da Unesco.

A presentación para os estudantes deste programa educativo tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo, onde se presentou o traballo de base que lles servirá de punto de partida para achegarse aos valores naturais, ambientais e culturais do arquipélago.

Este grupo acabará coñecendo as particularidades das illas e ata preparará o seu propio proxecto de candidatura.

Moito ánimo, vós podedes!

Comments are closed