Quen somos

Quen somos e onde estamos

O Colexio QUIÑONES DE LEÓN nace no ano 1974 coa intención de ofrecer á cidade da Vigo unha nova proposta integradora de coñecementos e amor á liberdade e á pluralidade de ideas.

Desde entón QUIÑONES DE LEÓN é un colexio concertado en todos os seus cursos de ensino obligatorio. Imparte ensino desde os 3 anos, permitindo ao alumno recibir no mesmo centro os cursos de educación infantil, primaria e ESO.

O Colexio está situado no mesmo corazón da cidade de Vigo, cunha superficie construida de 2.698,44 m2 e uns espazos abertos de outros 2.200 m2.


Aos Pais

Sen dúbida a verdadeira liberdade dun alumno só conséguese a través dun método coherente e dirixido, que fomente a pluralidade ideolóxica, pero que axude aos mozos a atopar o camiño adecuado para conseguila.

O centro QUIÑONES DE LEÓN pretende que, a través dos coñecementos, o alumno forme unha personalidade equilibrada e auténtica. Para iso é necesario que desde moi pequenos, atopen no seu centro de estudos unha filosofía de convivencia determinada, clara e modélica: un bo proxecto educativo.

A formación intelectual do colexio tenderá a:

-Crear hábitos de comportamento a través da reflexión e o estudo.

-Desenvolver actitudes críticas.

-Fomentar a flexibilidad e apertura para adaptarse aos cambios.

-Desenvolver a participación activa, para impulsar o desenvolvemento psicomotriz, o equilibrio persoal e a madurez afectiva.

Os educadores imparten un ensino de calidade, personalizado, activo e en equipo, proporcionando estratexias de aprendizaxe, partindo sempre dos coñecementos previos dos alumnos, e favorecendo a interacción destes cos seus profesores.

As clases e actividades afondaràn na procura dos auténticos valores: verdade, xustiza, solidariedade, respecto á liberdade dos outros, conduta responsable?, recuperando o sentid0.

logo-login

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies Máis información sobre Cookies

ACEPTAR