Regueifando coa ESO

Certamente, o peche deste segundo trimestre foi ben movido. Os grupos de 2.º e 3.º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer, da man de Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que son as regueifas.

Tras un repaso sobre a orixe das regueifas e dos diferentes nomes cos que as podemos atopar ao longo do planeta, comezamos a practicar o ritmo e a rima.

Unha vez interiorizado o ritmo, cantando as coplas canda eles; foi o noso momento de crear. Pouco a pouco, as rapazas e os rapaces foron collendo confianza e amosando todo o seu espírito regueifeiro.

Tras esta primeira sesión, algúns deles demostraron verdadeiro interese por esta arte, xa que logo terán o privilexio de gozar dunha segunda sesión para reforzar estes contidos e practicar estes desafíos orais improvisados. Non nos chega o día!!

Comments are closed