Rosalía de Castro cos nenos de cinco

Como todos os anos, o 24 de febreiro conmemórase o nacemento da nosa poetisa máis ilustre: Rosalía de Castro.

Puxémonos mans á obra e recollemos información axeitada para contarlles aos nosos maiores de infantil. Coñeceron a súa vida e a súa obra, as súas viaxes e algúns dos seus poemas. Preguntaron se aínda seguía viva e algún contounos que coñecía unha rúa e un colexio que se chamaban coma ela… vaia casualidade.

Traballaron un dos seus poemas máis coñecidos: “Adiós ríos, adiós fontes”. Fixeron a primeira estrofa con pictogramas e pintaron o retrato de Rosalía. Recoñeceron todas esas letras que xa traballaron, e leron empregando a entoación axeitada.

Como actividade final, traballaron a interpretación e a memoria, e aprenderon a primeira estrofa do poema, coa compañía da mascota Rizos. Velaquí tendes o resultado:

Temos uns artistas moi novos no centro. Grazas, rapaces, polo voso interese!

Comments are closed