Saída á Naturnova

Na pasada semana,  o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria visitou o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova, para asistir a actividade “Do Universo á Terra, un planeta con vida”.

Dividíronnos en tres grupos para realizar todas as actividades en quendas diferentes. Navegamos en submarino polo fondo da nosa ría e puidemos ver diferentes especies de peixes.

Coñecemos as características mais importantes dos planetas, do Sol e da Lúa.

Investigamos sobre o reino animal e os procesos naturais da Terra.

Coñecemos as consecuencias da man dos seres humanos na natureza, e aprendemos a reciclar o lixo que atopamos ao noso redor.

E, en cada unha destas actividades, fixemos unha proba, para poder acadar o diploma de “expertos do planeta Terra”.

Sen dúbida, estamos preparados para coidar e protexer o noso planeta.

Comments are closed