Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Durante estas últimas semanas, os rapaces de Primaria foron á Biblioteca Xosé Neira Vilas. Así, o alumnado pódese achegar ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, e que a valore como un lugar de formación á vez que de lecer. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, os rapaces participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar o seu tempo de ocio.

A temática do taller que se levou a cabo  foi o concepto do atlas, as viaxes polo mundo e os exploradores. A bibliotecaria mostroulles varios atlas e faloulles dalgúns países e as súas principais características. Tamén lles estivo lendo e ensinando libros como As intrépidas ou Vinte mil leguas de viaxe submarina.

Para rematar, fixeron un xogo ao modo de Willy Fog en A viaxe o mundo en 80 días. Con cada resposta acertada sobre o que se falou na primeira parte da actividade, podían cambiar de continente ata “percorrer” o mundo.

Foi unha experiencia xenial e pasámolo moi ben!

Comments are closed