Saída Naturnova

O pasado venres, o alumnado de 4.º e 6.º de Primaria acudiu a Naturnova AFundación, un centro interactivo de educación ambiental, no que puideron coñecer de cerca o noso planeta e o medio que nos rodea dunha maneira lúdica e participativa.

Durante este percorrido, os nenos participaron nun desafío de investigación proposto pola mascota do museo, no que tiñan que responder unha serie de preguntas e resolver encrucillados.

Por suposto, os nenos gozaron moito desta saída. Mirade que ben o pasaron!

 

Comments are closed