Saint Valentine´s experiments

Este ano quixemos celebrar o día de San Valentín dende a materia de Natural Science, con experimentos de laboratorio, nos que o corazón estivese presente. Ademais visitamos esta aula do cole, na que se atopan moitas ferramentas e experimentos xa feitos.

Os científicos foron nenos de 1.º, 5.º e 6.º de primaria; e os experimentos foron os seguintes:

  • Magic milk (o leite máxico): para este experimento empregamos leite enteiro, xabón dos pratos, colorante líquido, bastonciños de algodón e moldes con forma de corazón. Primeiro, enchemos o molde co leite. Seguidamente, botamos unhas gotiñas do colorante vermello, e despois, mollando os bastonciños no xabón, tocamos esas pequenas gotas coa punta do bastonciño. Desta maneira, empezaba a facerse unha corrente entre os tres líquidos, que semellaba a circulación sanguínea do noso corazón. E isto débese ás diferentes moléculas que compoñen estes tres líquidos, que fan que se repelan e atraian.
  • Heart Skittles (corazón de Skittles): para este segundo experimento empregamos auga quente, un prato un pouco curvo e estes caramelos de froitas chamados skittles. Colocamos os caramelos en forma de corazón intercalando as cores. Despois botamos auga quente no medio do corazón. O que ocorreu foi que o tinte do caramelo se disolveu e o colorante desprazouse do caramelo ata o centro do prato, e mesmo saíu cara a fóra. O que se observa é que as cores non se mesturan, e isto é debido a que cada caramelo ten a mesma cantidade de azucre que se disolve.

 

Deixámosvos aquí uns vídeos para que poidades apreciar os dous procesos.

 

Un aplauso para os nosos científicos!

Comments are closed