Selección do título para o Plan Proxecta “Nós tamén creamos”

O seguinte paso do noso proxecto foi lermos todos os membros do equipo de docentes os libros da Editorial Oqo que nos deixou o profesor do curso.

Despois de lelos nós, decidimos contárllelos aos nosos alumnos. Eles mesmos seleccionaron os tres que máis lles gustaron e fixeron un debuxo de cada un deles.

Os seleccionados foron: Sopa de nada.

Outro dos seleccionados foi: A pota que trota.

E o último seleccionado foi: Tim, Tam e Tom.

Despois, os nenos votaron, de entre estes tres finalistas, os seus preferidos. E fixemos o reconto dos votos do que saíu o título co que imos traballar no proxecto.

O título con máis votos foi: A pota que trota.

Agora xa podemos empezar a ler cos nosos alumnos, para practicar a lingua galega e preparalos para locutar esta grande historia.

 

Comments are closed