Suspensión de actividades lectivas por mor do coroavirus

  • Decrétase a suspensión temporal das clases e actividades extraescolares en todos as etapas educativas desde o luns 16 de marzo.  Suspéndense, igualmente, os servizos de comedor, biblioteca, aula matinal e as viaxes escolares.
  • Cada fin de semana engadirase unha entrada cun enlace a un conxunto de tarefas que deberán realizar os alumnos/as de cada curso durante a correspondente semana.
  • Igualmente, os pais/nais poderán comunicar cos titores/as  para consultas pedagóxicas mediante o servizo AbalarMóbil  ou desde esta páxina, no apartado de citas para titorías.
  • Amplíase o prazo de solicitude de admisión ata unha semana despois da volta ás clases.           Teléfono: 986278089
  • Quedan canceladas temporalmente as visitas ao colexio.
  • Problemas coa aplicación AbalarMóbil: os pais/nais que teñan problemas para acceder ou darse de alta nesta aplicación poden chamar ao teléfono do colexio, 986278089, de 9 a 14 h, para comunicalo e indicarnos o número de móbil desde o que están tratando de acceder.

Comments are closed