EduCANdo con Malibú

Hoxe tivemos unha fermosa mañá no Quiñones de León. Estivo co noso alumnado de educación primaria Malibú, unha cadela que foi rescatada do abandono. Na actualidade vive na Casa Grande de Xanceda. Malibú fíxose profesora e agora visita os colexios galegos para falarlles aos nenos e ás nenas da necesidade de ser responsables no coidado dos animais. A charla foi moi animada. Adriana, a amiga de Malibú, explicounos como se coñeceron, falamos sobre o cariño que se lles colle aos—

Ler máis