Obradoiro de luces e sombras

Os nenos de 1.º e 2.º de educación primaria estamos a aprender moitas cousas sobre o corpo en Natural Science. Entre elas, estamos a falar moito dos sentidos… e descubrimos que o único sentido co que podemos percibir a luz é a vista. Non podemos ulila, nin saboreala, nin escoitala… Así que decidimos facer unha actividade especial para xogar con ela. Aproveitando a temática do Samaín e as sombras, fixemos un obradoiro de luces e sombras. A mestra líanos unha—

Ler máis

Celebración do samaín 2017

No colexio Quiñones de León, rematamos este mes de outubro celebrando o samaín. Para que o noso alumnado gozase desta festividade propuxemos dúas actividades moi creativas. A primeira delas foi un contacontos. As persoas que organizaron esta actividade pensaron que o mellor espazo para contar contos sería a biblioteca, polo que antes de comezar se puxeron mans á obra e deixaron así de terrorífico este espazo. Os rapaces e rapazas da ESO e de primaria escribiron cadansúa historia de medo. Escolléronse—

Ler máis