Pequeciencia: a importancia de lavar ben as mans

Dende ben pequenos, a todos nos repetiron unha e outra vez que antes de comer había que lavar ben as mans. Quen non lembra a súa nai, o seu pai ou mesmo os avós dicindo antes de cada comida: “Lava ben as mans”? Esa pequena frase vai facendo que vaiamos adquirindo pouco a pouco ese hábito da nosa hixiene: lavar as mans antes de tocar a comida. Pero por que é tan importante? Que ten que ver iso de lavar—

Ler máis

Matemáticas manipulativas en Educación Infantil

Tradicionalmente, as matemáticas están entre as materias menos populares, ou as consideradas máis complexas polo alumnado, polo tanto, é importante que o primeiro contacto cos seus contidos na etapa de educación infantil sexa especialmente motivador. No cole optamos por empregar unha aproximación manipulativa aos conceptos matemáticos, e o noso alumnado non pode estar máis encantado. Velaquí tedes unha mostra: Secuencia numérica. Aprender a orde dos números é un proceso secuencial que facilitamos con diferentes metodoloxías, especialmente aquelas que permiten o—

Ler máis

Final do curso 2018-2019

Pouco a pouco, os días, as semanas e os meses foron pasando, e así chegamos ao final do mes de xuño. O equipo docente do Quiñones de León quere agradecer a todo o alumnado e ás familias o apoio e o traballo desenvolvido durante este curso. Desde o día 1 ata o 22 de xullo, se tendes algunha consulta, podedes achegarvos ao centro de 10:00 a 12:00 horas. E a partir do día 22 de xullo, estaremos en horario de—

Ler máis

A graduación de primaria

Cambiamos de etapa!! E que mellor maneira de celebralo que cunha festa de graduación. Así o anunciaba o equipo directivo, dando as grazas pola confianza depositada todos estes anos no centro. Alumnas e alumnos de sexto de primaria, puxeron a toga e o birrete para despedir uns anos nos que viviron moitos momentos divertidos, como así o explicaron no seu discurso. Tamén a titora quixo trasladarlles unhas emotivas verbas, agradecendo tanto a eles como as familias o cariño e apoio—

Ler máis