Tarefa 3 do proxecto “Nós tamén creamos”

E seguimos avanzando no noso proxecto “Nós tamén creamos”. A última tarefa que entregamos foi a creación do guión gráfico do libro elixido: A pota que trota. Os alumnos e as alumnas que participan neste proxecto son de 2.º de primaria, así que despois de ler de novo o conto, procedemos a explicarlles en que consiste un guión gráfico e o necesario que é este para poder gravar despois o noso vídeo. Puxéronse mans á obra e cada un deles—

Ler máis

Tarefa 2 do proxecto “Nós tamén creamos”

A segunda tarefa que, desde o proxecto no que estamos a participar co alumnado de 2.º de primaria, se nos encargou foi animar un obxecto. Despois de moito meditar e a partir dos intereses dos nenos e das nenas, decidimos darlle vida a un foguete espacial na galaxia. O primeiro que fixemos foi traballar un chisco con eles o vocabulario relacionado co tema. Despois pintaron os planetas e recortáronos. A continuación, fomos á nosa sala de gravación. Alí, con moito—

Ler máis