Contacontos: Pegadas de conto

Este ano participamos na campaña Impórtanos, que ten como obxectivo promover a reflexión e o compromiso de todas e de todos para conseguir un mundo máis xusto e sustentable. A literatura que todo o pode foi a protagonista da xornada de hoxe. Nesta ocasión foi a literatura oral, da man dos contadores de historias Bea Campos e Manuel Pombal. O público que gozou desta sesión de contacontos foi o noso alumnado de educación infantil e de 1.º de educación primaria.—

Ler máis