Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!

Graduacións virtuais de Educación Infantil e Educación Primaria

O remate do curso ven tradicionalmente marcado por dúas importantes celebracións: as graduacións do alumnado de sexto de Educación Infantil e de sexto de Educación Primaria. Nelas conmemoramos o fin dos seus estudos na correspondente etapa, e o paso a outra nova con emoción e agarimo. Este ano, por mor da emerxencia sanitaria, non puidemos celebrar estas importantes citas de xeito presencial, pero non perdemos a oportunidade de facelo a través dos medios tecnolóxicos! Así, na última semana do curso,—

Ler máis

Escribindo cómics en inglés

O alumnado de cuarto de Educación Primaria estivo estes días traballando a lingua inglesa e a súa creatividade dun xeito divertido e motivador: mediante o uso de cómics. Polas súas potentes capacidades narrativas, que combinan a imaxe e o diálogo para contar unha historia, o cómic estase a converter nunha das tipoloxías de lectura favoritas do alumnado. Por iso, qué mellor forma de aprender a redactar diálogos en inglés que mediante o uso desta particular técnica narrativa? Ademais do dominio—

Ler máis

Propostas do alumnado para a mellor “Xornada de portas abertas do cole”

Como ben sabedes, o noso gusto polo trato próximo coas familias ten unha data especial e imprescindible no calendario, na que celebramos unha gran festa: a “Xornada de portas abertas do cole”. Trátase dunha data dirixida á convivencia de toda a comunidade educativa. Nela, ademais da actuación dos distintos cursos, realizamos talleres, experimentos, e contamos con diferentes animacións dirixidas a toda a familia. Moi posiblemente hoxe sería o día elixido, e estaríamos xa coas ganas enormes de celebrar con todos —

Ler máis

A creatividade e a expresión plástica do noso alumnado

Entre as materias que máis gustan ao alumnado, tradicionalmente atópase a plástica, xa que é unha canle na que se manipulan materiais do máis diversos co propósito de crear, acadando a súa expresión libre. O debuxo é unha das técnicas que máis se traballan, xa dende a etapa de Educación Infantil, dada a súa importancia, pero non é a única. Caracterízase por ser un medio de comunicación e expresión esencial, posto que grazas a el, o alumnado é quen de—

Ler máis