Semana da ciencia: Primeiro experimento de Educación Infantil

Como xa sabedes, esta semana no cole estamos a desenvolver a Semana da Ciencia, na que participan de forma activa tódalas etapas educativas. E onte, o alumnado de Educación Infantil comezou no laboratorio coa primeira das experiencias programadas: un experimento de flota ou afunde no que fomos experimentando con distintos contidos científicos coma a formulación de hipóteses, e a comprobación experimental das mesmas; ou o pensamento analítico e reflexivo para analizar os achados. Comezamos enchendo un recipente transparente con auga—

Ler máis

Contacontos “Rapunzel con piollos”

Hoxe o alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria, gozou dun divertido contacontos, a partir do título “Rapunzel con piollos”. Grazas a esta obra, descubrimos como unha ringleira de personaxes de contos clásicos intentan por quendas axudar á pobre Rapunzel que ten a cabeza chea de piollos! Trátase dunha dinámica e divertida historia coa que pasamos un bo rato. Ademais, o especialista en contacontos agasallounos con dous entretidos contos que tiñan como protagonistas a dúas alumnas do—

Ler máis

Xogando cos conceptos matemáticos en Educación Infantil

Na clase de catro anos seguimos a descubrir e a afondar nos conceptos matemáticos, empregando o xogo e a experimentación como ferramentas de aprendizaxe. Estivemos a descubrir que os números pódense representar de diferentes formas: coa súa correspondente grafía (1, 2, 3…), cos dedos, con puntiños, con regletas de cores … E puxémonos máns a obra para practicar todo o que estábamos a ver. Coa axuda do noso dado xigante, pasamos un bo rato tirándoo, contando, e asociando o número—

Ler máis