Participación no programa «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero»

O noso colexio non quixo deixar pasar a oportunidade de participar no programa organizado polo concello «Enlaza Vigo contra a violencia de xénero».   A propósito da celebración o día 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 3.º da ESO, apoiado polo departamento de Plástica, deseñou un mural para tomar conciencia e concienciar os demais sobre este problema. Os murais estiveron expostos na rúa do Príncipe. Podedes ver os murais dos outros centros—

Ler máis

Participación na charla «Conectamos ben»

Desde o departamento de orientación, en colaboración coa área de Igualdade do concello de Vigo, o noso grupo de 4.º da ESO asistiu o día 24 de outubro á charla «Conectamos ben. Mozos e mozas que se tratan de = a =». O obxectivo desta charla é implicar a mocidade na loita contra a violencia de xénero e sensibilizalos sobre as novas formas de violencia simbólica e real.