Semana da prensa

Hai uns días traballouse dende o cole a semana da prensa. Os rapaces e as rapazas estiveron analizando este medio de comunicación. Pensamos que é moi importante facer referencia ás novas que ocorren no noso día a día, e introducir no alumnado este medio e as súas posibilidades. Durante varios días cambiaron os libros polos xornais. Dende os máis pequenos ata os maiores fixeron actividades de todo tipo: indagaron nas noticias máis importantes, buscaron as diferentes seccións, analizaron as portadas,—

Ler máis

Premio Luís Freire

Alumnos de 4.º da ESO preséntanse este ano ao XIX Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola, que organiza o concello da Coruña e a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Participarán cun traballo de investigación sobre a sinestesia. Ánimo e sorte.