Certame Lingua de Namorar 2018

A nosa prezada alumna Uxía Martínez Cabadas vén de gañar o 3.º premio do concurso Lingua de Namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude. O día 14 de febreiro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde se expón actualmente unha das xoias da lírica amorosa medieval galega, o Pergamiño Vindel, foi a entrega dos premios. Gustounos o acto, que incluíu tamén—

Ler máis

Premio Luís Freire

Alumnos de 4.º da ESO preséntanse este ano ao XIX Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola, que organiza o concello da Coruña e a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Participarán cun traballo de investigación sobre a sinestesia. Ánimo e sorte.