X Certame Escolar de Regueifas

O 27 de abril tivo lugar o X Certame Escolar de Regueifas, no que tivemos a sorte de participar. En representación do Quiñones de León, estiveron estas cinco regueifeiras e este regueifeiro que ían con moitas ganas de gozar da experiencia e pasalo moi ben. Este xeitoso grupo nunca tivera relación coas regueifas antes de asistir aos dous obradoiros no colexio guiados por Luís o Caruncho e Pinto d’Herbón. No segundo obradoiro decidiuse que serían Paula, Ananda, Laura, Delia, Carla—

Ler máis

Regueifando coa ESO

Certamente, o peche deste segundo trimestre foi ben movido. Os grupos de 2.º e 3.º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer, da man de Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que son as regueifas. Tras un repaso sobre a orixe das regueifas e dos diferentes nomes cos que as podemos atopar ao longo do planeta, comezamos a practicar o ritmo e a rima. Unha vez interiorizado o ritmo, cantando as coplas canda eles; foi o noso momento de crear.—

Ler máis