ROLE-PLAYING GAME

Os nenos de 3.º de Educación Primaria levaron a cabo un xogo de interpretación de roles en lingua inglesa. Trouxeron envases  durante un par de semanas para poder facer esta actividade. Tiveron como escenario un supermercado improvisado na clase. O obxectivo era que falasen en inglés e que se divertisen facéndoo. Perderon a  vergonza e demostraron o preparados que están para mercar en Harrods.