The Jungle Book

O pasado xoves, os alumnos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria foron ao Teatro Salesianos a gozar coa obra The Jungle Book. Aínda que estaba en inglés, entendérona moi ben, xa que previamente aprenderan as cancións, fixeran actividades e falaran na clase sobre os personaxes. A obra foi moi divertida e aos rapaces gustoulles moito. Mesmo algúns tiveron a sorte de subir ao escenario e cantar e bailar cos actores. Mirade que ben o pasaron!!

Pygmalion para ESO

Os alumnos de 3.º e 4.º da ESO acudiron á representación en inglés da obra Pygmalion no Cine Teatro Salesianos de Vigo. A obra de Bernard Shaw, non exenta de ironía, é a historia do esforzo desesperado dun misóxino e irascible profesor de fonética para converter a fala cockney da vendedora de flores Eliza na prosodia dunha muller refinada.

Tarzán en inglés

Comezamos a tempada teatral, neste caso en inglés. Xa levabamos dúas semanas traballándoa na clase, e o pasado luns, os nenos de quinto e sexto de primaria tiveron a oportunidade de gozar da historia de Tarzán, da compañía Face to Face. Representouse no teatro Afundación. Fomos en autobús ata o auditorio con moitas ganas de lembrar a historia dese neno que se criou na selva. E de adestrar o noso oído na lingua inglesa. Xuntámonos unha chea de nenos e—

Ler máis

A GALIÑA AZUL

Os alumnos e alumnas de 1.º e 2.º de educación primaria foron ao teatro para gozar da representación de A galiña azul. Moitos deles non coñecían como era un teatro, aínda que na clase falaron del e as mestras lles deron unhas pautas de como debían comportarse e non esquecer aplaudir cando rematase a obra. E a verdade… con esta saída, tiveron a ocasión de gozar das instalacións do teatro, así como ver como actúan en vivo e en directo os actores—

Ler máis

Actividades extraescolares para o curso 2018-2019

O comezo do novo curso tamén trae novas actividades extraescolares para o alumnado. Sportemp será a encargada dalgunhas das actividades. O horario é o seguinte: Luns Martes Mércores Xoves 16:00 – 17:30 Teatro (infantil) Baile moderno (infantil) Intelixencia emocional (infantil) Multideporte (infantil) Debuxo/pintura (infantil/primaria/eso) Diverciencia (primaria) Teatro (primaria/eso) Baile moderno (primaria/eso) As clases comezan no mes de outubro. Podedes anotar os alumnos e alumnas ata o 24 de setembro na administración do centro. Ten que haber un número mínimo de—

Ler máis