OBRADOIRO CO GRUPO VEGALSA

O pasado 6 de marzo os nenos de 4.°de primaria fixeron unha actividade na que traballaron hábitos saudables de alimentación. Visitounos unha colaboradora de Vegalsa, que lles amosou como elaborar receitas con diferentes froitas. Vegalsa-Eroski é unha empresa galega que se dedica á comercialización de produtos alimentarios. Ensinoulles como facer palmeiras de area con froitas. Para iso, proporcionoulles un gorro e un mandil de cor vermella a cada un dos nosos alumnos. Estaban requeteguapos!! Os ingredientes foron as froitas: kiwi,—

Ler máis