Taller de Nadal no Museo Liste

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil participou nunha saída didáctica ao Museo Liste, para realizar un taller de Nadal.
Todos estaban emocionados, e xa no autobús amosaban as súas caras de ledicia.

Viaxe en autobús


Unha vez no Museo as monitoras fixeron unha pequena presentación etnográfica dos cantos de Nadal, e a continuación o noso alumnado participou nun taller de creación de instrumentos musicais co que puidemos acompañar as nosas cancións de Nadal.

Alumnado durante as explicacións

Os máis pequenos, da clase de tres anos, fixeron unha divertida maraca cun vaso de plástico e un globo. Estiveron do máis atentos as explicacións das monitoras e as súas creacións soaban de marabilla.

Alumnado de tres anos durante o taller de creación de instrumentos musicais

O alumnado de catro anos fixo unha especie de castañolas con culleres de plástico decoradas por eles mesmos, aptas para seguir o ritmo de calquera canción de Nadal.

Alumnado de catro anos atento as explicacións da monitora

E o alumnado de cinco anos, dividiuse en dous grupos para facer dous tipos de instrumentos: por un lado unhas castañolas de dedo elaboradas con cartón e chapas, e por outra banda unha pandeireta feita con pratos de plástico, fabas e cintas, que podedes observar nas seguintes imaxes.

De seguido, noutra das estancias do Museo Liste, a monitora amosounos diversas pezas de Nadal procedentes de diferentes países coma Perú, Italia ou Polonia, entre outros. E alí afinamos a voz e os nosos instrumentos musicais para entoar diversos cánticos típicos de Nadal.

Por ultimo deixamos unhas postais de Nadal que elaborou todo o alumnado de Educación Infantil, para adornar a cheminea do Museo Liste nestas datas.

Alumnado de Educación Infantil observando a exposición das postais de Nadal que elaboraron no cole

Encantounos a experiencia!

Comments are closed