Tarefa 1 do proxecto “Nós tamén creamos” (1.ª parte)

A primeira tarefa do noso proxecto consiste na elaboración dun flip-book ou dun taumatropo. A finalidade desta tarefa é que o alumnado de 2.º de primaria entenda a lóxica do cine.

O primeiro que fixemos foi amosarlles varios flip-books, que supuxeron unha enorme sorpresa para eles.

Despois animámolos a crearen un moi sinxeliño nos seus cadernos, para que comprobasen que, con ganas, todo é posible.

Pero esta foi a primeira parte… Que farán finalmente: un flip-book ou animarémolos a elaborar un taumatropo para o proxecto?

Comments are closed