Tarefa 1 do proxecto “Nós tamén creamos” (2.ª parte)

Imos desvelar o misterio: finalmente, o alumnado decidiu elaborar un taumatropo (xoguete visual con dúas imaxes que rematan por unirse).

A nosa primeira idea foi elaborar un taumatropo dun boneco de neve. O primeiro que fixemos foi explicarlles en consiste este xoguete e indicarlles que debían debuxar as dúas imaxes que despois co movemento se converterían nunha soa.

A continuación, puxéronse mans á obra cos debuxos.

Cando ían montar os seus xoguetes, decatámonos de que estaban feitos do revés. Levaron unha desilusión, pero enseguida ideamos uns novos xoguetes para que visen que non sempre nos vai saír todo á primeira, mais temos que perseverar no intento.

Así que, animados novamente, continuaron co traballo encomendado. Primeiro, colleron os seus lapis de cores.

Despois recortaron as imaxes e pegáronas nun cartón.

E, finalmente, puxémoslles as gomas aos seus xoguetes. E aí xa puideron comprobar o funcionamento do taumatropo.

E nestes vídeos tamén vós podedes comprobar como funciona este xoguete:

Foi unha actividade moi lúdica para o alumnado, coa que descubriron que son quen de aprender dos erros e mellorar cada día. Estamos orgullosos dos nosos alumnos.

Comments are closed