Tarefa 2 do proxecto “Nós tamén creamos”

A segunda tarefa que, desde o proxecto no que estamos a participar co alumnado de 2.º de primaria, se nos encargou foi animar un obxecto.

Despois de moito meditar e a partir dos intereses dos nenos e das nenas, decidimos darlle vida a un foguete espacial na galaxia.

O primeiro que fixemos foi traballar un chisco con eles o vocabulario relacionado co tema.

Despois pintaron os planetas e recortáronos.

A continuación, fomos á nosa sala de gravación. Alí, con moito coidado dispuxemos o escenario e pensamos como facer do mellor xeito posible “a nosa película”.

E, por último, os nenos aprenderon a manexar o programa para crear o vídeo e tamén a ir movendo aos pouquiños os protagonistas do filme.

Agora podedes gozar vendo o primeiro vídeo en stop motion do alumnado de 2.º de primaria.

E o máis emocionante: “Como se fixo o foguetiño”, neste vídeo podedes comprobar o proceso que levamos a cabo para realizar a nosa primeira creación.

 

Comments are closed