Tarefa 4 do proxecto “Nós tamén creamos”

Sabemos que estades moi pendentes dos nosos avances. Esta cuarta tarefa consistiu en crear, por fin, os personaxes.

O noso alumnado volcouse completamente nesta actividade, xa que son moi creativos e teñen grandes ideas. Podedes velos mans á obra preparando as cabezas, os diferentes ollos dos personaxes ou outros complementos:

Todos quedamos namorados do resultado final, que, por suposto, vos imos amosar agora mesmo:

Tamén queremos compartir con todos vós un pequeno vídeo que realizamos deste proceso de creación. Para velo, só tedes que premer aquí. Desexamos que vos guste tanto coma a nós.

Comments are closed