Tarzán en inglés

Comezamos a tempada teatral, neste caso en inglés.

Xa levabamos dúas semanas traballándoa na clase, e o pasado luns, os nenos de quinto e sexto de primaria tiveron a oportunidade de gozar da historia de Tarzán, da compañía Face to Face. Representouse no teatro Afundación.

Fomos en autobús ata o auditorio con moitas ganas de lembrar a historia dese neno que se criou na selva. E de adestrar o noso oído na lingua inglesa.

Xuntámonos unha chea de nenos e nenas no teatro. E ás 12 en punto comezou a obra. Os principais protagonistas, Jane e Tarzán, divertíronnos moito. E á nosa compañeira Sabela, déronlle o papel de Cheetah. Pasouno en grande!

Cantamos todos xuntos cancions e axudamos a Jane e a Tarzan a rescatar a Cheetah. Así que, preparados para á próxima!

Comments are closed