Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de primaria

Ao longo das últimas semanas, os alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de rrimaria visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas grazas a organización do Equipo Dinamización Lingüística.

bdr

Alumnos e alumnas de 3.º EP

IMG-20171117-WA0007

Alumnas e alumnos de 4.º EP

bdr

Alumnos e alumnas de 5.º EP

bdr

Alumnas e alumnos de 6.º EP

O tema escollido este ano pola Biblioteca Xosé Neira Vilas é o bosque. Todos coincidimos en que non puideron escoller mellor temática. Os nenos estiveron encantados, xa que a maioría deles se declararon fans da natureza e das excursións polo bosque.

Todas as visitas comezaron da mesma maneira. Cando chegamos á biblioteca, recibíronnos as bibliotecarias, que nos amosaron a zona de préstamo dos libros. Alí comezaron por explicar ao alumnado como se organiza unha biblioteca e as normas que ten que seguir cando estea nunha.

     bdr

Despois de dar un pequeno paseo pola biblioteca e aprender un pouco sobre as diferentes zonas, os nenos puideron gozar dunha das súas actividades preferidas: os contos. Estiveron moi atentos a todas as historias: desde unha guía para ser un perfecto explorador, pasando polo conto dunha árbore e un neno que eran moi amigos, ata rematar en inventarios de árbores e animais.

bty

Alumnado de 3.º EP

IMG-20171117-WA0018

Alumnos e alumnas de 4.º EP

bty

Alumnas e alumnos de 5.º EP

Alumnas e alumnos de 6.º EP

Despois dos contos, os alumnos e alumnas de 3.º e  4.º de primaria xogaron a un Tuttifrutti do bosque: ocasión perfecta para poñer en práctica todo o vocabulario que saben.

bdr

Pola súa parte, os nenos de 5.º e 6.º xogaron ao Tabú do bosque. Sacaron o seu lado máis enxeñoso para non dicir as palabras prohibidas.

BeFunky Collage2      BeFunky Collage3

Para rematar as visitas, os nenos tiveron un momento para dar unha volta pola biblioteca, ler libros, compartir opinións sobre a visita…

BeFunky Collage5      BeFunky Collage4

BeFunky Collage6

En definitiva, os nenos, os pais que nos acompañaron e os profes quedamos todos encantados con esta visita. Esperamos volver gozar de máis momentos agradables na Biblioteca Xosé Neira Vilas.

 

Comments are closed